Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

20/10/21

Día da Biblioteca Escolar


24 de outubro
Bibliotecas: ler, aprender, descubrir
O principiño

O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. A Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxo esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía.

A Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura, a través da Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria, impulsa esta conmemoración.

Dende o ano 2019 incorpórase o lema “Aptas para todos os públicos”, que estará presente en todas as actividades. Ademais, a celebración do Día das Bibliotecas ten un fío conductor diferente cada ano. Esta edición, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” céntrase no papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos”.

Biblioneme conmemora esta data lembrando o 75 aniversario da publicación en Francia, pola editorial Gallimard, da obra O Principiño. Esta novela, escrita e ilustrada por Antoine de Saint-Exupéry, é un referente na literatura universal e sempre está presente en Biblioneme, pois con ela lemos, aprendemos e descubrimos.


“Non se ven senón co corazón.
O esencial é invisible aos ollos"
Saint-Exupéry.- O Principiño

O alumnado de Educación Plástica e Visual de 1º e 3º ESO, baixo a supervisión da profesora Ana Belén Burgos, realizou a súa interpretación dos debuxos e textos desta obra.


Grazas pola vosa colaboración!!

Ningún comentario: