No noso afán por Ler, Comunicar e Aprender, falaremos
de libros, da actualidade editorial en galego.
Iniciamos esta sección con Xesús Fraga, xornalista e
escritor, Premio Nacional de Narrativa 2021 pola novela Virtudes
(e Misterios).
“A novela é o gran territorio da
liberdade na literatura”
Xesús Fraga
https://editorialgalaxia.gal/produto/virtudes-e-misterios/
Esta obra é unha crónica novelada dunha historia íntima e
peculiar: as vivencias da avoa do escritor, Virtudes, que emigrou a Inglaterra
tras deixar de recibir noticias do seu marido, emigrado á súa vez en Venezuela.
“É un libro pensado
para que a xente conecte con el dende os sentimientos”
Xesús Fraga
“A emigración está ateigada de grandes mulleres, valentes, ás
que lles debemos tanto”.
Xesús Fraga
Ningún comentario:
Publicar un comentario