A profesora Marta López Morales recomenda a lectura desta obra:
La trenza, de Laetitia Colombani.
Ademais, ofrécenos a seguinte reseña.
“Unha fermosa novela, impecable e emotiva, sobre tres mulleres fortes e empoderadas, de continentes e culturas diferentes, unidas por un fío condutor que se vai revelando coa lectura. Unha lectura amena e pouco complicada. Das tres historias que transcorren na India, en Italia e no Canadá, simultáneamente e na actualidade, quédome coa de Smita, unha intocable hindú que loita con forza por superar o destino que lle esperaría a súa filla. Por poñer unha pega, botei en falta que se narrasen en primeira persoa, en lugar dun omnisciente libre, para transmitir máis forza e sentemento.”
Marta López Morales
Ningún comentario:
Publicar un comentario