“Ficou un bo anaco ollando para o espello sen ver mais que o seu propio rostro. Coma sempre, fixo un último intento pechando os ollos un tempo e volvéndoos abrir despois a ver se así recuperaba aquela figura coa que tantos anos falara.”
Xabier P. DoCampo.- A nena do abrigo de astracán
Literatura, cine e o sobrenatural manteñen unha estreita relación en A nena do abrigo de astracán, obra que culmina a producción literaria do xenial Xabier P. DoCampo.
Ambientada na longa Posguerra española, os membros do grupo destacaron que a obra incita a unha profunda reflexión sobre unha época da nosa historia chea de silencios e culpabilidades.
O 29 de abril reunirémonos para comentar A praza do Diamante de Mercè Rodoreda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario