Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

15/03/24

17 de marzo de 2024: Día do Cómic

Con motivo do "Día do Cómic", Biblioneme expón,  nos corredores do centro e no espazo da biblioteca, os fondos que posúe de Banda Deseñada.

O noso propósito é adentrar á comunidade educativa neste xénero e recoñecer o traballo desenvolvido polos seus autor@s.

Esperamos que sexa do voso agrado.

22/02/24

23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro


 Percorrido biográfico da autora coa proxección da película "A rosa incandescente" e recital poético na biblioteca.

30/01/24

Día Escolar da Paz e a Non Violencia


 No Día da Paz o alumnado do IES Monte Neme fixo lecturas de diferentes textos sobre esta temática.

Biblioneme expón unha escolla de libros coa temática da PAZ no corredor principal.

Esperamos que os desfrutedes !!!

21/12/23

Obradoiro de cómic

O xoves 21 de decembro realizouse un Obradoiro de Cómic na biblioteca, impartido polo noso compañeiro Felipe Bueno Palomino.


Estamos desexando seguir con máis obradoiros de cómic!!!