"Ler as idades da vida"
Escritoras, obras e Lectoras
https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1560
"Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda."
Estas palabras de Marifé Santiago Bolaños, comisaria da VI Edición do Día das Escritoras, enmarcan esta conmemoración, que este ano celébrase o 18 de outubro, o luns máis cercano á festividade de Santa Teresa de Jesús, baixo o lema “Ler as idades da vida”.
Este curso as escritoras, as súas obras e as reflexións realizadas polas lectoras serán as protagonistas desta celebración en Biblioneme, pois consideramos que a relación que se establece entre elas é única.
Adelina Rodríguez Mariño e Carmen González Llorca, profesoras de Inglés e L. Castelá e Literatura, respectivamente, do noso centro, ofrécennos a súa interesante e acertada visión de dúas obras, escritas por dúas autoras singulares, doutras latitudes, Nella Larsen e Kaouther Adimi, que nos levan a coñecer outras épocas, dístintos lugares e variadas sociedades.
Moitas Grazas por ser lectoras da vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario