Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

24/09/21

PEDIMOS A PALABRA



“A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, quere poñer o foco na palabra e a oralidade.

A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2021-2022 é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en formacións e obradoiros.”

Iniciamos un novo curso con novas ilusións, moitas expectativas e cautela pola situación sanitaria que aínda estamos a vivir.

Biblioneme “pide e toma a palabra” a través da voz, dos pensamentos e das reflexións da Comunidade Educativa do IES Monte Neme. Así, facemos noso o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso 2021/2022, “A Biblioteca Escolar ten a palabra”:

Seguiremos potenciando a comunicación oral, obxectivo prioritario do noso proxecto, pois esta manifestación repercute na formación de usuari@s critic@s e fomenta a inclusividade.

Este curso, coa recuperación do espazo da biblioteca, promoveremos, entre outras actividades, o debate, as reunións e a expresión creativa. En conclusión, unha comunicación que favoreza o pensamento crítico e “un dominio da linguaxe e da lingua propia”.

Atenderemos, como “Biblioteca Inclusiva”, as necesidades d@s usuari@s máis vulnerables e ofreceremos servizos e materiais ao alumnado que non pode facer uso dos servizos e materiais ordinarios.

Continuaremos coa nosa “Biblioteca Distribuida”, diversificando os espazos e adaptando as actividades á situación sanitaria.

Equipo Biblioneme

Ningún comentario: