Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

24/09/21

PROTOCOLO DE USO DA BIBLIOTECA. CURSO 2021/2022


PROTOCOLO DE USO DA BIBLIOTECA

CURSO 2021/2022

Durante este período de excepcionalidade, determinado pola pandemia da Covid-19, Biblioneme seguirá o protocolo de actuación estipulado polas autoridades sanitarias e educativas.

Pretendemos que neste curso 2021/22 a nosa biblioteca continúe a ser o espazo de referencia para a lectura, a información a comunicación e as aprendizaxes. Seguiremos sendo unha biblioteca de tod@s e para tod@s

Durante este período de excepcionalidade, estableceremos as seguintes normas:


NORMAS DE FUNCIONAMENTO

v      Entrada:

Ø A porta permanecerá aberta durante o tempo de uso da biblioteca para evitar ter que tocala.

Ø É obrigatorio o uso de máscara e de xel hidroalcólico, tanto á entrada como á saída. Hai dispoñible un dispensador de xel desinfectante para este efecto.

Ø A entrada á biblioteca farase pola dereita e a saída pola esquerda.

Ø O alumnado permanecerá facendo fila para acceder ao mostrador do empréstito onde só poderán estar dúas persoas como máximo e sempre coa distancia de 1.2 metros de separación entre elas.

v       Consulta en sala e préstamo:

Ø Prohíbese o uso de xogos de mesa e materiais semellantes de uso compartido.

Ø Anúlase o acceso directo aos materiais de consulta/lectura dos andéis e aos ordenadores e tabletas: solicitaranse ao bibliotecari@ ou persoa encargada.

Ø Os materiais para préstamo só serán manipulados por persoal da biblioteca (membros do equipo e/ou voluntari@s).

Ø Todo o material emprestado e devolto en sala, será deixado na caixa de corentena habilitada para tal fin. Non volverá a estar dispoñible ao uso ata pasadas un mínimo de 4 horas de corentena.

Ø Non está permitida a libre circulación pola biblioteca, agás para acceder aos postos habilitados (18).

Ø Non está permitido mover mesas ou cadeiras, posto que están dispostas para manter unha correcta distancia de seguridade.

Ø Nas mesas, unha vez rematada a actividade de lectura, consulta ou traballo e deixada libre, o usuario/a procedera á súa limpeza, para permitir o seu uso por outra persoa.

  •     Podes solicitar os teus libros con antelación, escribíndonos un correo (bibliotecamonteneme@gmail.com), indicando nome e apelidos, curso, número de usuari@, título da obra e autor/a, e  recolléndoos ao día seguinte. Infórmate na biblioteca. 

v    Respecto ao espazo da biblioteca, este conta con xel hidroalcólico accesible na entrada, caixa con solución hixenizante e panos desbotables, papeleira de pedal, postos con distancia de seguridade,…

            Establecerase a seguinte rutina de limpeza e desinfección:

1.- Hixienización de mans ao entrar e saír.

2.- O uso da máscara é obrigatorio en todo momento.

3.- Mantemento do distanciamento social (distancia de seguridade mínima de 1,2 m entre persoas).

4.- Limpeza e desinfección diaria da biblioteca. (“Limparanse e desinfectaranse as instalacións, mobiliario e equipamentos de traballo. “)

5.- Ventilación entre sesións e diaria, sempre que sexa posible.

  •     Se a situación sanitaria e os protocolos varían, estas normas poden ser revisadas ou cambiadas.

Ningún comentario: