Dentro das actividades programadas no
XVIII Festival de Cans, o 1 de setembro entregáronse os Premios
do Concurso de curtas “Senda dos Faros”. O proxecto “De naufraxios,
faros e lendas: do Cemiterio dos Ingleses a Camariñas”, coordinado e
elaborado polo Equipo da Biblioteca do IES Monte Neme, recibiu o segundo
premio. Unha representación deste equipo e do alumnado participante no proxecto
trasladouse á localidade de Cans para asistir ao acto de entrega dos galardóns
no “Baixo de Carlos”, previo visionado das curtas finalistas.
Posteriormente, coa organización do
Festival, percorremos os lugares máis emblemáticos desta localidade vinculados
a este evento.
Esta viaxe rematou en Porriño,
visitando a exposición “O Sur de Galicia parece de Hopper (Cans, cadernos de
viaxe)” da pintora María Meixide.
Moitas grazas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario