Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

Amosando publicacións coa etiqueta Día da Biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Biblioteca. Amosar todas as publicacións

24/10/13

Ler con ciencia

O lema elixido para este curso 2013/2014 pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. é LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR.

Trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a nosa bagaxe lectora.
Coincidindo co 
fixemos esta mostra de títulos:

24/10/12

Celebrando a Biblioteca




Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro). Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide, que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar.



Biblioneme convida ó alumnado de 1º ESO a unhas actividades moi entretidas de formación de usuarios e agasalla cuns fermosos marca-páxinas ós membros da nosa comunidade educativa.