Animación á lectura
“A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.” Doris Lessing
13/05/22
Coñecendo a Florencio Delgado Gurriarán
02/05/22
Veredicto do VII Concurso de Fotografía, "Unha imaxe, todas as palabras"
"Comunicando, compartindo e aprendendo" foi a temática do VII Concurso de Fotografía, "Unha imaxe, todas as palabras", organizado por Biblioneme.
Entre as numerosas fotografías enviadas, o xurado salientou as propostas
de:
Lucas Souto Areosa (3º ESO), Primeiro Premio.
Ivana Vila Mallo (4º ESO), Segundo Premio.
Uxía Viña Regueira (4º ESO), Terceiro Premio.
Sara Abelenda Costa (4º ESO), Accésit.
Noraboa @s premiad@s e moitas grazas a tod@s pola vosa participación.
23/04/22
Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor 2022
FALAMOS DE LIBROS, FALAMOS DE AUTORES
Dende Biblioneme conmemoramos esta data recoñecendo o labor d@s escritor@s e a importancia do libro na evolución do ser humano.
“Os libros axúdannos a sobrevivir nas grandes catástrofes históricas e nas pequeñas traxedias da nosa vida.”
Iniciaremos este percorrido co centenario da publicación do Ulises de James Joyce. Un dos clásicos da literatura, concebido, por moitos, como a mellor novela inglesa do século XX.
Joyce afirmou despois de publicar o Ulises: “Escribín esta obra para manter ocupados aos expertos en Literatura durante os vindeiros trescentos anos.”
Llegó con tres heridas:
la del amor,
la de la muerte,
la de la vida.
Con tres heridas viene:
la de la vida,
la del amor,
la de la muerte.
Con tres heridas yo:
la de la vida,
la de la muerte,
la del amor.
Cancionero y romancero de ausencias
Finalmente, destacamos a dúas mulleres premiadas neste día:
Cristina Peri Rossi, Premio Cervantes 2021, e Antía Yáñez Rodríguez, Premio dos Clubs de Lectura 2022.
https://elpais.com/cultura/2021-11-10/cristina-peri-rossi-ganadora-del-premio-cervantes-2021.html
O Premio Cervantes 2021 recoñece á poeta uruguaya Cristina Peri Rossi, escritora feminista e única muller vinculada ao Boom Latinoamericano. As súas obras tratan temas como o erotismo, o xénero e a psicoanálise.
Entre as obras máis importantes desta autora distinguimos:
“Se en Galiza só un 4% da poboación lectora le libros en galego, temos que pensar que hai 96% que aínda pode facelo"