3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Lema do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (2021)
“Liderado e participación das persoas con discapacidade na construción dun
mundo postcovid inclusivo, accesible e sostible.”
Bibliotecas Escolares galegas:
Inclusivas.
Igualitarias.
Normalizadoras
Respetuosas.
Visibilizadoras da diversidade
No camiño marcado para crear unha biblioteca inclusiva, Biblioneme visibiliza e fala dos problemas que afectan ás persoas con discapacidade. Nesta ocasión será a obra Miña Guía, Meu Capitán de Gonzalo Moure e María Girón, que protagonizan un pai e o seu fillo, ambos con discapacidade visual, e que fan do camiño diario ata a escola unha aventura apaixoante na que xogan a “descubrir” a realidade e a “ver” o que os demais non saben apreciar.
Premio Fundación Cuatrogatos
2021 de Literatura Infantil e Xuvenil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario