Ler e Vivir a Ciencia en Galego
“As
bibliotecas garántennos o acceso libre á información e ó coñecemento no formato
que nos interesa. Por outra banda, a ciencia é o piar do benestar social e
económico, o coñecemento xera persoas e sociedades máis libres e críticas e as
bibliotecas son, en parte, as gardas dese coñecemento.”
Amparo
Alonso Betanzos, “A felicidade de aprender”
Amparo
Alonso Betanzos é enxeñeira química, investigadora en intelixencia artificial,
presidenta da Asociación Española de Inteligencia Artificial (AEPIA) e
Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da
Universidade da Coruña.
https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/files/Folleto%20mes%20ciencia%20_dixital.pdf
Científic@s
galeg@s na Antártida
A
Ciencia descúbre realidades e abre camiños. @s científic@s galeg@s forman parte
desa comunidade que procura ampliar o coñecemento.
Este
curso, no Mes da Ciencia en galego, en Biblioneme recoñecemos o labor dos
cientific@s galeg@s na Antártida.
Partiremos
co traballo realizado por Carmen Piñeiro, doutora e Bioloxía, investigadora do Instituto
Español de Oceanografía e do Centro Oceanográfico de Vigo. Participou na
primeira expedición á Antártida 8611 nos anos 1986/1987.
“E
como mulleres nesa primeira expedición demos os nosos primeiros pasos sobre o xeo antártico, pasos de
investigadora, pasos pola cuberta de barcos pesqueiros deseñados para un mundo
duro, donde só os homes tiñan espazo …”
Carmen Piñeiro
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/80676-carmen-pineiro-cientifica-galega-pioneira-antartida
Posteriormente,
outros científicos canalizaron as súas investigacións nas posibilidades que
ofrecía o Continente Branco.
· No 2003, tres científicos da Universidade de Vigo, Adoración Sánchez Mata, doutora - Profesora de Ecoloxía e Científica do Centro de Investigacións Mariñas e os profesores Mariano Lastra e Manuel García Gallego realizaron un estudo no que analizan a biodiversidade dos invertebrados mariños na Antártida. Un traballo que tivo como obxectivo analizar a sostenibilidade do Continente Xeado.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2003/12/26/gallegos-antartida/0003_2280587.htm
· Na Antártida, no 2009, foron estudadas as consecuencias do cambio climático por un equipo do Profesor de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, Mariano Lastra.
· No 2020, Juan Antonio Garzón, Profesor de Física da Universidade de Vigo e o estudante de doutoramento, Damián García foron os encargados de levar ao Continente Branco un detector de raios cósmicos, TRISTÁN.
https://www.gciencia.com/ciencia/antartida-detector-raios-cosmicos/
“A
ciencia tamén é unha aventura, que usa a curiosidade para comprender o mundo, a
observación do fenómeno que se explica, a paciencia e a racionalidade para
explicalo. Pero, ademais, non esquezamos que unha importante motivación para a
investigación é tamén a emoción, o pracer do descubrimento, o orgullo da
conquista do coñecemento, a felicidade de aprender.”
Amparo
Alonso Betanzos, “A felicidade de aprender”
https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/files/Folleto%20mes%20ciencia%20_dixital.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario