Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

20/11/21

FALEMOS DE LIBROS

IN MEMORIAM

DARÍO XOHÁN CABANA

(1952 – 2021)

“O galego é a miña lingua. Se non escribise en galego non escribiría porque carecería do primeiro impulso, se cadra despois tiña outro, sobre todo nos tempos de hoxe que vemos, agás que non o queiramos ver, que a supervivencia do galego está gravísimamente comprometida.”

Darío Xohán Cabana

           http://culturagalega.gal/noticia.php?id=2629

A actualidade editorial e literaria en galego lembra a figura de Darío Xohán Cabana, figura clave da literatura galega contemporánea, que finou o 17 de novembro aos 69 anos de idade. Poeta, novelista e académico, tamén foi fundamental o seu labor de tradución ao galego, cuxa obra cumbre, A Divina Comedia, recibiu, entre outros premios,  a medalla de ouro do Concello de Florencia.


Os fondos que atoparás en Biblioneme acercarante  á obra e ao pensamento deste autor.

“Se a min me chamou a literatura foi fundamentalmente porque eu quería participar nese edificio que se empezara a construir, por poñer unha data, con Rosalía de Castro, eu víao coma unha tarefa fundamentalmente patriótica e política. O que pasa é que tamén supoño que habería máis cousas das que eu non era directamente consciente, que eran as que me levaban a esa maxia das palabras, que chega o momento en que te captura; xa non é simplemente por unha motivación política polo que escribes senón que escribes case porque non che queda máis remedio.”

Darío Xohán Cabana

           http://culturagalega.gal/noticia.php?id=2629

Ningún comentario: