Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

24/11/21

25 de novembro, Día Contra a Violencia de Xénero

“A violencia contra a muller en todas as súas formas é unha violación dos Dereitos Humanos.”

Michelle Bachelet

A violencia contra as mulleres é un fenómeno universal que adopta múltiples manifestacións: discriminación, marxinación, exclusión, etc.

A muller, polo feito de selo, á marxe do seu credo, orixe, idade, educación, traballo,…, é susceptible de ser obxecto dalgún tipo de agresión ou discriminación:

Ø Violencia moral, económica, sexual, física, psicolóxica, discriminatoria no ámbito social, educativo e laboral.

Ø Debemos engadir a imposición de costumes, privación de liberdade e/ou limitación da liberdade de movementos, limitación no desenvolvemento persoal ou intelectual.

Estes actos denomínanse como Violencia de Xénero e son, en definitiva, actos que violan os dereitos inalienables da persoa.

Temos a obriga, como sociedade, de loitar contra estas formas de violencia, previr, investigar e castigar.

Debemos esixir aos poderes públicos que cumpran con esta obriga, comezando por aquela violencia de xénero que emana directamente do Estado.

No corredor central expuxemos, xunto aos carteis informativos, algúns dos fondos biliográficos que reflicten os distintos tipos de violencia contra a muller.

Ningún comentario: