Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

02/02/21

Febreiro, dous libros

Un percorrido mensual polas novidades nas xeografías lectoras en galego

No mes do amor, presentamos dúas obras que nos amosan diversas formas de amor e de desamor.

O mal querer de Natalia Carou, gañadora da 2ª edición de Premio de Novela Villar Ponte do Concello de Viveiro 2019, ofrece, en opinión do xurado, “un retrato da sociedade actual onde a violencia, o machismo, a droga, o maltrato, o acoso escolar, a manipulación mediática, os poderes fácticos, e, sobre todo, o desamor ou desafecto se xuntan nun cóctel destrutor no que se ve atrapado o lector ….”.

https://baiaedicions.gal/o-mal-querer.html

Gañadora da XXVI Edición do Premio Novela Curta Manuel Lueiro Rey, Lara e Sabela de Ignacio Vidal Portabales é unha obra, narrada en primeira persoa por Sabela, que nos fai reflexionar sobre os sentimentos individuais. “Temática do amor feminino tratado con humor e delicadeza”.

https://www.xerais.gal/libro.php?id=6092345

Ningún comentario: