Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

29/01/21

Xeografías Lectoras e Artísticas no Mes da Paz

 30 de xaneiro, Día de Castelao, Día da Ilustración

O Día da Ilustración, iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGAPI), foi instaurado cada 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Alfonso R. Castelao.

Esta data recorda e reivindicao papel dos profesionais da ilustración na industria cultural galega e, ademáis, serve para homenaxear aos ilustradores e ilustradoras que aportaron na historia da ilustración galega.

A protagonista deste ano é Lolita Díaz Baliño.


Este curso Biblioneme homenaxea a Castelao e ao mundo da ilustración galega recordando unha peza oratoria de Castelao, Alba de Groria, a través da versión ilustrada por Ana Santiso.


https://editorialgalaxia.gal/editorial-galaxia-publica-alba-de-groria-de-castelao-nunha-edicion-ilustrada-por-ana-santiso/

O 25 de xullo de 1948, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pronunciou no Teatro Argentino de Bos Aires o seu derradeiro discurso, Alba de Groria. É a obra dun exiliado que, asumida a derrota, abandonadas as expectativas dun rápido retorno á democracia en España e sabedor da súa delicada saúde, faleceu en 1950, Castelao comeza a ser consciente de que nunca retornará a Galicia.

Mais Castelao non se deixa vencer pola desesperanza e, sendo conscientede que un exemplo para os seus compatriotas, elabora unha peza oratoria que reflicte o respecto e o sentimento que sinte pola nosa historia e os seus protagonistas.




https://www.atlantico.net/articulo/vigo/imaxes-derradeiro-discurso-castelao/20210113233259815910.html

Alba de Groria é, sobre todo, unha mensaxe de esperanza no futuro.

https://www.atlantico.net/articulo/vigo/imaxes-derradeiro-discurso-castelao/20210113233259815910.html

“Afortunadamente, Galiza conta, para a súa eternidade, con algo máis ca unha Historia fanada, conta cunha Tradición de valor imponderábel”

                                                        Alba de Groria


Ningún comentario: