PROTOCOLO DE USO DA BIBLIOTECA
CURSO 2020/2021
Durante o período determinado pola
pandemia da Covid-19, Biblioneme seguirá o protocolo de actuación estipulado
polas autoridades sanitarias e educativas.
Debido a que o espazo da biblioteca
vai ser utilizado como aula, e como medida preventiva, a atención a usuarios
(empréstito, devolucións, …) non se realizará na biblioteca.
Ante esta situación, deseñaremos unha
“biblioteca distribuída”, segundo as Instruccións para a organización e o
funcionamento da BE do 1 de setembro de 2020, que nos conducirá a modificar
as actividades de Biblioneme e a
diversificar os espazos de actuación.
Dende o Equipo da Biblioteca
esperamos que Biblioneme continúe sendo unha
biblioteca de tod@s e para tod@s :
Ø
Como
centro de recursos e biblioteca inclusiva actuaremos para previr o fracaso
escolar, atendendo ás NEAE.
Ø
Pretendemos
afianzar un proxecto que se adapte, ante a nova realidade, ás necesidades
educativas do noso centro e das novas tecnoloxías. Debido á situación
sanitaria, consideramos prioritario abrir a biblioteca de forma virtual. O obxectivo é formar alumnado autónomo no
coñecemento da Biblioteca Escolar. Así, a formación de usuarios terá un
carácter extraordinario pola situación derivada da pandemia. Toda a comunidade
educativa será debidamente instruida nos novos protocolos a seguir na
utilización do espazo da biblioteca, na xestión bibliotecaria (solicitudes de
adquisicións, empréstitos, devolucións,..) e nos recursos dixitais e
actividades que esta ofrece. O correo da biblioteca servirá de enlace coa
comunidade educativa:
Ø
Continuaremos
informando a toda a comunidade educativa das exposicións, recursos,
actividades, guías,….a través de distintas canles:
www.animacionlectura.blogspot.com → Blog de animación á lectura da
biblioteca escolar.
www.clubiblioneme.blogspot.com →Blog do club de lectura (abrangue
todos os grupos do club).
www.edu.xunta.gal/centros/iesmonteneme → Páxina web do IES Monte Neme.
https://www.youtube.com/watch?v=dpLGoSWlvZg&list=PLxRPPYH8hJ_BMxyvd58GbePtFJ44Y7XS → Canle Youtube.
https://www.facebook.com/institutomonteneme/ → Facebook do IES Monte Neme.
Ø
Respecto
ao alumnado, promoveremos e facilitaremos o acceso ás novas tecnoloxías no
tratamento da información para actividades de investigación e animación á
lectura.
Ø
Poñeremos
a disposición dos departamentos os recursos da biblioteca. Será unha fiestra
aberta para a divulgación e a consulta, impulsando a educación dixital para
tod@s. Así mesmo, seguiremos colaborando nos distintos programas e proxectos
que se están desenvolvendo no centro.
Durante este período de
excepcionalidade, estableceremos as seguintes normas:
NORMAS DE FUNCIONAMENTO
v Respecto ao espazo da biblioteca, este será utilizado como aula e seguirá o protocolo sanitario determinado para estes espazos. Contamos con xel hidroalcólico accesible na entrada, caixa con solución hixenizante e panos desbotables, papeleira de pedal, postos (pupitres) con distancia de seguridade,…
Establecerase a seguinte rutina de
limpeza e desinfección:
1.- Hixienización de mans ao entrar e
saír.
2.- O uso da máscara é obrigatorio en
todo momento.
3.- Mantemento do distanciamento
social (distancia de seguridade mínima de 1,5 m entre persoas).
4.- Limpeza e desinfección diaria da
biblioteca. (“Limparanse e desinfectaranse as instalacións, mobiliario e
equipamentos de traballo. “)
5.- Ventilación entre sesións e
diaria, sempre que sexa posible.
Ademáis:
* Non está permitida a libre circulación pola
biblioteca, agás para acceder aos postos habilitados.
*Anúlase o acceso directo aos materiais dos andeis
(fondos, ordenadores,…), solicitaránse aos membros do equipo da biblioteca.
* Prohíbese o uso de xogos de mesa e materiais
semellantes.
*Non está permitido mover mesas ou cadeiras, posto que están dispostas para manter unha correcta distancia de seguridade.
v
Préstamos e devolucións.
ü
O
préstamo realizaráse a través do correo electrónico da biblioteca (bibliotecamonteneme@gmail.com), indicando nome e apelidos, curso, número de usuari@,
título da obra e autor/a. O blog de Biblioneme (www.animacionlectura.blogspot.com) contén o enlace ao catálogo de
fondos para a consulta.
ü
Os
fondos só serán manipulados e distribuidos, nas aulas correspondentes, polo
equipo da biblioteca.
ü
O
material emprestado e devolto será deixado nas caixas habilitadas e identificadas
para tal efecto. Non estará dispoñible ata pasadas 4 horas de corentena.
Se a situación sanitaria e os protocolos varían, estas normas poden ser revisadas ou cambiadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario