“A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021. O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa. A ilustradora Bea Lema foi a encargada de interpretar o lema elixido.”
Dende Biblioneme:
- Exerceremos, como Viveiro de Cidadanía, o dereito á información, á cultura, á lectura e ao lecer.
- Atenderemos, como “Biblioteca Inclusiva”, as necesidades d@s usuari@s máis vulnerables e ofreceremos servicios e materiais ao alumnado que non pode facer uso dos servicios e materiais ordinarios.
- Seremos, máis que nunca, unha “Biblioteca Distribuida”, diversificando os espazos (este curso o espazo da biblioteca utilizarase como aula) e adaptando as actividades á nova realidade.
- Seguindo o lema elixido para este curso para as bibliotecas escolares de Galicia, as “Xeografías Lectoras” centraran as actividades de Biblioneme. Emprenderemos unha viaxe pola xeografía do coñecemento d@s nos@s lector@s.
- Mantemos o noso obxectivo: crear lector@s crític@s, divers@s, aventurer@s, divers@s e libres que entendan “todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...”
Grazas por Ler
Equipo Biblioneme
A biblioteca é a máis importante das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos que ler, cando nin como”
Doris Lessing
Ningún comentario:
Publicar un comentario