Día Mundial do Teatro 2020
Teatro en tempos de coronavirus
“Os malos momentos son bos para
o teatro”
Shahid Madmood Nadeem
O venres 27 de marzo conmemoramos
o Día Mundial do Teatro, unha celebración que este ano terá un significado moi
especial debido a situación de excepcionalidade que vive o país.
O periodista paquistaní,
dramaturgo, director de teatro e activista dos dereitos humanos, Shahid Madmood
Nadeem, firma o manifestó deste ano, “O
teatro como santuario”:
“(…) Necesitamos repoñer a nosa forza
espiritual, necesitamos loitar contra a apatía, o letargo, o pesimismo, a
avaricia e o desprezo polo mundo no que vivimos. O teatro ten un papel, un
papel noble, o de enerxizar e movilizar a humanidade para levantarse do seu
descenso ao abismo. Pode elevar o escenario, o espazo de actuación, nalgo
sagrado. (…)”.
Dende Biblioneme, onde o teatro é
unha parte fundamental das nosas actividades, propoñemos Ver e Ler Teatro.
Dúas plataformas axudaránnos a
visionar teatro dende as nosas casas:
-Documentos do Centro Dramático
Galego:
- Teatroteca. Iniciativa do
Ministerio de Cultura, na que o usuario
ten que rexistrarse na web do Centro de Documentación da las Artes
Escénicas y de la Música (cdaem.mcu.es).
Seguidamente, accédese a teatroteca.teatro.es
e selecciónase a montaxe desexada.
Tamén poderemos ler moito
teatro. Estás serán, entre outras, as bibliotercas virtuais ás que podedes acceder:
Biblioteca virtual galega:http://bvg.udc.es/index.jsp
Galicia Le: https://www.galiciale.gal/
Ningún comentario:
Publicar un comentario