Día Mundial da Poesía
2020
Poesía, expresión lingüística da nosa humanidade común (Lema da ONU)
Dende 1998 celébrase o Día Mundial da Poesía. A finalidade desta conmemoración é dar visibilidade á poesía e a súa relación coas outras artes.
Este ano, máis ca nunca, a poesía convértese no vehículo transmisor de emocións, sentimentos, esperanza,… Poesía en tempos difíciles.
Quedaremos na casa. Leremos, recitaremos e escribiremos poesía, esperando tempos mellores.
IRMAUS
Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.
Celso E. Ferreiro.- Longa noite de pedra
Podedes ler poesía a través destas Bibliotecas dixitais:
- Portal de poesía: http://www.portaldepoesia.com/
- Biblioteca virtual galega:http://bvg.udc.es/index.jsp
- Galicia Le: https://www.galiciale.gal/
- Biblioteca virtual Miguel de Cervantes: http://www.cervantesvirtual.com/
Entre as iniciativas para conmemorar este día, O Ministerio de Cultura y Deporte, dentro da campaña #LaCulturaEntuCasa, fixo un chamamento aos cidadáns para que colguen en redes á lectura dos seus poemas favoritos e que os compartan a través de Instagram coas etiquetas #Yomequedoencasa, #LaCulturaEntuCasa e #DíadelaPoesía.
Ademais, Galix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, convida a participar no Concurso: Un poema na túa voz. http://www.galix.org/2020/03/por-mor-das-circunstancias-excepcionais.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario