O luns, 25 de novembro, iniciamos unha semana de actividades centradas
na loita contra a violencia de xénero.
Así, en colaboración co CIM de Carballo, cubrimos o corredor central do IES Monte Neme con frases en contra destes actos.
Así, en colaboración co CIM de Carballo, cubrimos o corredor central do IES Monte Neme con frases en contra destes actos.
O mércores 27, na biblioteca, celebrouse unha xornada de
obradoiros afectivo-sexuais, a cargo da sexóloga Vanesa Pazos,dirixidos ao
alumnado de Ciclos Medios, FPB e 4º ESO.
Finalmente, o venres 29, o antropólogo David Kaplun, ofreciu un
faladoiro sobre "Novas masculinidades" ao alumnado de 4º ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario