Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

20/11/19

Visita á Biblioteca Pública Municipal Rego da Balsa

O mércores, 20 de novembro, o alumnado de 2º ESO que cursa a Materia de Libre Configuración, Investigación e tratamento da Información, visitou a Biblioteca Rego da Balsa de Carballo.
Un curso máis, Cristina, membro do equipo desta biblioteca, actuou de guía mostrando a distribución dos espazos, os fondos e informando das actividades que realizan.
O alumnado participou en Xogos de búsqueda, localizando a información solicitada e respostando ás cuestións formuladas por Cristina.
Moitas grazas a todo o Equipo da Biblioteca Rego da Balsa. Compartimos con Vós o obxectivo de construir bibliotecas de tod@s e para tod@s.

Ningún comentario: