Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

24/03/14

Relatos 2° BAC

Publicade os vosos relatos como comentarios a esta entrada.

3 comentarios:

Laura Pena Cristóbal dixo...

Achegábase a noite nun día de finais de xaneiro, cando xa case anoitecera, un rapaz duns dez anos deixaba a súa casa ataviado coa súa chaqueta de tódolos días e cuberto coa bufanda que lle tecera súa avoa había un par de meses.
O rapaz dirixíase á casa dunha veciña que vivia medio quilómetro máis abaixo ca eles, guiándose pola pouca luz que quedaba do día.
Ía atravesando as leiras para atallar cando, antes de baixar por un esqueiro, viu que o agardaba a figura dun home, de pé no medio do camiño ao que estaba a piques de incorporarse. O rapaz seguiu andando ata que chegou á altura do home misterioso, fixouse nel e viu que era moito más grande que seu pai e que calquera outro home dos que tiña visto na súa vida. Pero, o que máis lle chamou a atención desa figura foi que tiña colgadas por todo o corpo unha especie de cadeas e algo así coma ratas mortas, ou iso lle pareceron ao rapaz.
O neno comezou a correr a través das leiras colindantes, virándose só cando chegou á porta da casa da veciña, desde onde puido ver a figura do home uns metros atrás, quieta, observándoo fixamente.
O rapaz entrou na casa e contoulle á vella o que acontecera e ela, embranquecendo, explicoulle que vira a estadea.

Alejandro Allo Anido dixo...

Había xa tempo que os veciños de Tella non se atrevían a pasar preto do cemiterio. Todo comezara unha noite cando o señor Faustino viña de recoller o gando. Ao chegar á altura da igrexa, o vello escoitouun estrañoruido, coma unha campaíña que repenicaba no interior do camposanto. O labrego percorreu a distancia que o separaba da súa casa en menos tempo do que xamais o fixera, nin sequera cando volvía de atracar algunha horta nos seus tempos mozos.
A noticia non tardou en extenderse polo pequeno lugar e, en cuestión de días, ningún labrego era quen de atrevesar o adro en canto comezaba a escurecer; mesmo preferían percorrer o dobre de distancia que enfrontarse ao terrible espírito.
Farto desta situación, o cura, xunto cun grupo de ousados mozos, decidiu facer garda unha noite para chegar ao fondo da cuestión. Chegou o luscofusco, e os vixías, espreitando tras unhas lápidas, viron como un veciño chegaba ao camposanto e soltaba o seu cabalo a pacer naquela herba sacra. O sacerdote reprimiu o berro de indignación e, unha vez o profanador marchou, comprobou que o que producía aquel peculiar son non era máis que o freo da montura cada vez que esta se movía disfrutando do seu banquete.

Nadia Pérez Fuentes dixo...

Corrían os anos 50, miña avoa,Carme, aínda era unha moza duns 18 anos que vivía na súa humide casiña en Goyanes, cos seus pais e súas irmás.

Eran as festas da aldea e a miña bisavoa convidou a durmir a unha rapaza do tempo da miña avoa.
Chegou a hora de deitárense e as rapaxad foron axiña para a cama. A convidada non tardou en adormecer, pero a miña avoa non era quen de conciliar o sono. De súpeto,a moza ergueuse do leito cos ollos moi abertos e achegouse á miña avoa; colleuna por unha perna,rabuñouna e díxolle cunha voz sumamente masculina : “Que cachonda estás!”
Miña avoa asustouse e comezou a berrar polas súas irmás e pola súa nai, que non tardaron nin dous minutos en chegar, e súa nai comezou a preguntarlle á rapaza que lle pasaba. A rapaza seguiu falando con voz de home, e coa mirada perdida, miña avoa nunca logrará esquecer aquel ollar, nin o que dixo a continuación, aquel ser, inhumano e maligno:
-“Eu son o unha ánima que vai de corpo en corpo, nacín nun pallote a canda meu irmán, que agora vive no corpo dunha fermosa nena de Oza”
Miña bisavoa temía polas súas fillas e comezou a argallar como botar a moza e mais o demo da súa casa e mentres pensaba, a rapaza,ou demo, díxolle que no se preocupase polas súas fillas , uqe tiña un “bo cabalo” e que non o ía deixar así a correr. Logo tamén lle dixo que el/ela sabía que a miña bisavoa non a/o quería convidar porque escoitara á xente falar sobre os numerosos intentos que os pais da rapaza fixeran para expulsalo do corpo da súa filla,como levar á moza á forza, á igrexa, e deitala sobre o altar, mentres o cura pronunciaba unhas palabras. Tamén lle dixo que mentres a rapaza estivera débil non ían conseguir botalo,pero que dous anos despois marcharía pois encontrara outro ”cabalo”.
Entón, miña bisavoa preguntoulle como fixera para entrar no corpo da rapaza e el contestou:
-“Un día, saía esta moza da igrexa, e esbirrou, coa mala sorte, boa para min, de que ningún lle dixera “Deus te axude” e entón, entrei.”
Pasaron toda a noite falando coa rapazae á mañá seguinte, espertou como se non pasara nada, volvía falar coma unha rapaza normal.
Ao vela, miña bisavoa ofreciulle o almorzó, e esta non o quixo, entón a bisavoa dixo para sí: “Por que non deixas comer á rapaza,maldito demo?” e, de súpeto, a mirada perdida e a voz masculina retornaron contestando : “Non pode recobrar forzas, senón expulsame”.
Despois desa noite o único que souberon da rapaza foi que estiveran dous anos tentando tentando expulsar o demo do seu corpo e, tras eses dous anos, marchou, como lle dixera á miña bisavoa.