Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

26/11/09

Aire negro.


Agustín Fernández Paz.

A historia trata dun doctor chamado doctor Moldes, que comeza a traballar nunha clínica psiquiátrica, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller autista e coa memoria borrada, que pasa o día enteiro escribindo de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dun naufragio. O doctor conseguirá que Laura volva recordar todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecía dominar a súa vida. Pero ningún dos dous podía adiviñar que, deste xeito, estaban abrindo a porta a unha realidade terrible.

OPINIÓN PERSOAL: Este libro é mui divertido, ten moita intriga , cada vez que les un capítulo xa queres ler o seguinte, é un libro con moitas aventuras e mui intrigante.

David Rojo Estramil 1º Bachillerato A

1 comentario:

Inés dixo...

Aire Negro pareciume un libro moi interesante e con moita intriga. A maneira de relatar a historia incita a que te poñas no lugar do personaxe, a que vivas o que el viva. Ten algo de fantasía e en algúns momentos fai que sintas medo de verdade. Gustóume moito.