Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego, membro dunha xeración de intelectuais que deron continuidade ao ideario do Grupo Nós. Loitador cultural incansábel que chegou a converterse nunha auténtica institución do país.
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Monte Neme, xunto coa Biblioteca do centro, quixeron afondar na actividade do homenaxeado a través da carteleira exposta no recibidor do instituto. Partíndomos da análise do seu traballo, o alumnado, reflexionará sobre a importancia que ten a dinamización cultural e política para garantir o porvir do noso pobo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario