Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

10/10/22

Día das Escritoras 2022

O luns 17 de outubro celébrase o Día das Escritoras por iniciativa da Biblioteca Nacional de España e outos colectivos.

A data elexida para a VII Edición celébrase este ano 2022 baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”.

Biblioneme, coa colaboración do ENLG e dos diferentes Departamentos Didácticos, organiza unha lectura de textos na biblioteca de escritoras galegas de antes, durante e despois das guerras e outras escritoras non galegas escollidas polo alumnado e o profesorado.

Invitámosvos a que descubrades novas lecturas a través dos traballos realizados nas aulas, onde se fixo a escolla de escritoras, títulos e fragmentos que podedes ver expostos na entrada do centro e nos corredores.

Faremos lectura destes fragamentos escollidos o luns 17 de outubro, ás 12:15 horas, na biblioteca do centro.

Ningún comentario: