Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

03/12/20

3 de decembro Día Internacional da Discapacidade.

3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Biblioneme súmase, este 3 de decembro, á celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado en 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas mediante a resolución 47/3.

O obxectivo prioritario do noso proxecto é crear unha biblioteca inclusiva: acabar coa discriminación, o illamento social e a falta de accesibilidade aos recursos, problemas que afectan ás persoas con discapacidade. Ademais, entendendo, sempre, que a inclusión está directamente relacionada coa aceptación e o respeto.

Facendo camiño cara a inclusión, e dentro das nosas “Xeografías lectoras”, propoñemos unha lectura inclusiva, que corrixe tópicos sobre os nenos con autismo. María e máis eu de Miguel Gallardo e María Gallardo.

BIBLIONEME, UNHA BIBLIOTECA DE TOD@S E PARA TOD@S

Ningún comentario: