Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

26/10/18

Club de lectura “O monte dos libros"

Do mesmo xeito que nos últimos anos, o club de lectura “O monte dos libros” adicará unhas sesións a preparar unha obra de teatro que se representará no Festival de Nadal. Todos os anos a nosa representación xera unha grande expectación entre as/os nosas/os compañeiras/os. Por iso, este ano esforzarémonos para facelo o mellor posible;)


Ademais, durante o mes de outubro, prepararémonos para celebrar o Samaín con LECTURAS TERRORÍFICAS. En concreto, leeremos Cadavercita Roja do autor Luís Murillo e observaremos os debuxos realizados por Emiliano López Neste álbum ilustrado. Con moito humor e fantasía, este conto reinventa o clásico de Perrault para ofrecernos unha versión tan escura e macabra como irresistiblemente divertida.







Ningún comentario: