Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

29/05/23

Encontro “é Mundial”

O pasado luns 29 de maio o alumnado de 1º Bacharelato e 4º ESO asistiu a unha charla divulgativa sobre a lusofonía. Visitounos a brasileira Thalia Menezes, da EOI de Santiago de Compostela, para amosar a conexión do galego co mundo de fala portuguesa e as posibilidades culturais, económicas e comunicativas que se nos abren aproximándonos á nosa lingua irmá.




Ningún comentario: