O luns 17 de outubro celébrase o Día das
Escritoras por iniciativa da Biblioteca Nacional de España e outos colectivos.
A data elexida para a VII Edición celébrase este
ano 2022 baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”.
Biblioneme, coa colaboración do ENLG e dos
diferentes Departamentos Didácticos, organiza unha lectura de textos na
biblioteca de escritoras galegas de antes, durante e despois das
guerras e outras escritoras non galegas escollidas polo alumnado e o
profesorado.
Invitámosvos a que descubrades novas lecturas a través
dos traballos realizados nas aulas, onde se fixo a escolla de escritoras,
títulos e fragmentos que podedes ver expostos na entrada do centro e nos
corredores.
Faremos lectura destes fragamentos escollidos o
luns 17 de outubro, ás 12:15 horas, na biblioteca do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario