Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

23/04/22

Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor 2022


"Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo"

“O escritor, editor e traductor, Xosé Ballesteros, creou un texto orixinal, cedido xenerosamente, para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose na parte menos visible do libro, esa marabillosa viaxe colectiva que inician autores/as e ilustradores/as, con parada en editoriais, imprentas, librarías, para atopar, finalmente, porto seguro nas nosas bibliotecas escolares.”



FALAMOS DE LIBROS, FALAMOS DE AUTORES

Dende Biblioneme conmemoramos esta data recoñecendo o labor d@s escritor@s e a importancia do libro na evolución do ser humano.

“Os libros axúdannos a sobrevivir nas grandes catástrofes históricas e nas pequeñas traxedias da nosa vida.”

Vallejo Nájera, Irene.- O infinito nun xunco


https://www.xerais.gal/libro.php?id=6674910

Premios e aniversarios serán os protagonistas do Día do Libro 2022.

Iniciaremos este percorrido co centenario da publicación do Ulises de James Joyce. Un dos clásicos da literatura, concebido, por moitos, como a mellor novela inglesa do século XX.



Joyce afirmou despois de publicar o Ulises: “Escribín esta obra para manter ocupados aos expertos en Literatura durante os vindeiros trescentos anos.”

O 28 de marzo cumplíronse oitenta anos da morte de Miguel Hernández. O poeta da liberdade morreu privado dela, en prisión. Dende o cárcere e pese a morte do seu primeiro fillo, en 1938, o poeta seguiu escribindo Cancionero y romancero de ausencias, a súa derradeira obra, un libro inacabado e póstumo.


Llegó con tres heridas:
la del amor,
la de la muerte,
la de la vida.

Con tres heridas viene:
la de la vida,
la del amor,
la de la muerte.

Con tres heridas yo:
la de la vida,
la de la muerte,
la del amor.

Cancionero y romancero de ausencias

Nesta traxectoria a través de conmemoracións e premios salientamos aos galardoados co Premio Nacional de la Crítica 2022, no apartado en lingua galega, Diego Ameixeiras, en narrativa por O cervo e a sombra, e Medos Romero o de poesía por E o sol era ela.
  





Finalmente, destacamos a dúas mulleres premiadas neste día:

Cristina Peri Rossi, Premio Cervantes 2021, e Antía Yáñez Rodríguez, Premio dos Clubs de Lectura 2022.


Cristina Peri Rossi, Premio Cervantes 2021


“La poesía es una percepción; la narrativa, un discurso”

https://elpais.com/cultura/2021-11-10/cristina-peri-rossi-ganadora-del-premio-cervantes-2021.html

O Premio Cervantes 2021 recoñece á poeta uruguaya Cristina Peri Rossi, escritora feminista e única muller vinculada ao Boom Latinoamericano. As súas obras tratan temas como o erotismo, o xénero e a psicoanálise.

Entre as obras máis importantes desta autora distinguimos:


Antía Yáñez, Premio dos Clubs de Lectura 2022.


“Se en Galiza só un 4% da poboación lectora le libros en galego, temos que pensar que hai 96% que aínda pode facelo"
Antía Yáñez

https://praza.gal/cultura/non-ten-que-vir-ninguen-salvarme-porque-o-que-realmente-me-pode-salvar-e-aprender-a-loitar-eu-as-minas-batallas


“Co gallo da celebración do Día do Libro, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade , fai pública a Resolución de 22 de abril de 2022 pola que se recoñece a Antía Yáñez co Premio dos Clubs de Lectura 2022.

No ano 2015 creouse este premio co obxecto de recoñecer cada ano a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono, ao ampliarse o abano de estímulos e intereses. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego. “

Antía Yánez  é unha das autoras máis seguidas polo lectorado infantil e xuvenil galego. Dous dos seus títulos, Be water e Senlleiras están incluídos entre os 50 libros máis lidos nos Clubs de lectura no curso 2020/2021."

Ningún comentario: