Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

10/02/22

11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Formando científicas.



“No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.”

Este curso Biblioneme conmemora esta data salientando e visualizando o labor das profesoras do IES Monte Neme que, desde as materias científicas e tecnolóxicas, loitan por paliar a desigualdade no ámbito da ciencia. Ademais, constitúen para as súas alumnas referentes femeninos que contribúen á elección destas áreas no seu ámbito profesional.

Laura Cortiñas Pérez, profesora de Física e Química, e Mila Villaverde Pulleiro, profesora de Electricidade, son un exemplo do traballo entusiasta en prol da ciencia que realizan as nosas compañeiras.

NORABOA!

Laura Cortiñas Pérez, profesora de Física e Química, coas alumnas de 2º de Bacherelato Laura Añel Simes, Alba Martínez Suárez e Marta Padín Viña.
Mila Villaverde Pulleiro, profesora de Electricidade, coas alumnas de 2º FPB EE Valeria Bardanca Pensado, Laura Gómez Rodríguez, Nerea Martínez Rama e Adriana Varela Suárez.

Ningún comentario: