Descubrindo a Xela
Arias
“Que nunca, nunca xamais, me diga alguén que non entende de poesía. A poesía non se entende, síntese ou non se sinte, faise ou non se fai".
A Real Academia Galega dedícalle o
Día das Letras Galegas 2021 a Xela Arias, unha das voces máis
destacadas da poesía galega contemporánea.
Nerea Antelo Benítez, Alba Eirín
Castillo, Uma Eirís Ferreiro, Iria Muíño Puente, Kevin Pallas Cebral e Melisa
Pose Vázquez,
alumn@s de 1º ESO e membros do grupo “O monte dos libros” do CluBiblioneme,
colaboraron na gravación do podcast da Biblioteca en RadioNeme.
Podes entrar no seguinte enlace para
escoitalo:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmonteneme/system/files/Audio_Xela.mp3
Biblioneme convídate, a través da lecturas dos
seus libros, a seguir descubrindo a esta autora rebelde que derrubou
convencións para construir a súa realidade, a súa independencia.
“Un libro pide demasiado. Pero hai
que rebotarse contra iso. Rebotarse contra a concepción do libro coma un
cadáver morto nun anaquel.”
Xela Arias
De certo, a vida ía en serio.
Por iso morrer non conta
números.
Eras moza,
cómplice nunha derrota que non
sumabas. Feliz por terte insomne
por inmortal.
Xa temos cadáveres amigos
e coñecidos,
sabemos da morte o legado inútil.
Pero ¡que ridículo!, ¿non?,
abrazar o feito feliz de xa medrar
-camiñar ás aforas-
en tempos asépticamente tan
alienados.
Intempériome (2003)
Ningún comentario:
Publicar un comentario