Un percorrido mensual polas novidades
nas xeografías lectoras en galego
Coas seguintes obras conmemoraremos:
Ø 8 de marzo, Día da Muller
En Libres e vivas, dez
autoras, a través dos seus respectivos relatos,
abordan a cuestión do machismo, da liberdade e da igualdade.
Con Feliz Idade,
Olga Novo realiza un alegato ao amor e a existencia máis alá do tempo.
Esta obra recibiu os seguintes premios:
- Premio Nacional da Crítica Española 2019
- Premio Nacional de Poesía 2020
- V Premio Gala do Libro 2020 (Poesía)
- ü Premio da Crítica de Galicia 2020 (Creación Literaria)
Xosé Luis Baños de Cos gaña o III
Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño 2020 con A cámara escura.
O xurado sinalou que esta obra é “actual e eminentemente teatral, xa que se lle pode sentir o pulso da escena.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario