Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

18/11/20

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS



... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo. 

Xurxo Mariño Alfonso 

O profesor, investigador e divulgador científico, Xurxo Mariño é o autor do manifesto deste ano. Nel salienta que este mes "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran." 

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/files/Manifiesto%202020-V1.pdf

Dende Biblioneme recoñecemos o labor que realizan os equipos de científic@s das universidades galegas (USC, UDC e UVigo) que traballan na investigación contra a Covid-19. Coma sempre, a biotecnoloxía galega traballa en beneficio da sociedade.

Son moitos os proxectos de interese desenvolvidos nas nosas universidades sobre o coronavirus: as investigacións de virólogos como Carlos Pereira e Isabel Bandín (USC); o estudo que lidera Anxo Carracedo (USC) para identificar as características xenéticas que poden favorecer as infeccións; os mapas de Anxo Miramontes (USC) para detectar a expansión do virus; as emisións de radiofrecuencia coas que traballa Fermín Navarrina (UDC) para destruír a Covid-19; a monotorización da evolución da pandemia a cargo do grupo que coordina Carlos Fernández Lozano (UDC); o estudo sobre os supercontaxiadores de Antonio Salas e Federico Martinón (USC). Ademais, debemos destacar que, dos once proxectos financiados polo Instituto Carlos III sobre vacinas para a Covid-19, dous estanse realizando na USC. Estamos segur@s de que unha vacina contra este virus será galega.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/07/09/vacuna-gallega-punto-iniciar-ensayos-animales/00031594317722768389498.htm

Ningún comentario: