Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

01/10/20

Formación de usuarios

A situación provocada pola pandemia codicionou, este curso, a formación de usuarios.

Debido a que o espazo da biblioteca está a ser utilizado como aula, o equipo de Biblioneme visitou as aulas do IES Monte Neme para realizar a formación de usuarios co alumnado de 1º ESO. Ademais, informou ao resto do alumnado e ao profesorado dos cambios na xestión bibliotecaria e nas actividades.

Agradecemos a boa disposición de toda a comunidade educativa e a súa colaboración.

Ningún comentario: