Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

09/03/20

Pola senda dos faros

 O 9 de marzo o  Equipo de Biblioneme organizou unha “expedición” para realizar a etapa Cemiterio dos Ingleses - Camariñas, pertencente á Senda dos Faros.
O alumnado participante (grupos de 3º ESO, alumnado 2º ESO que cursa a Materia de Libre Configuración INEIN e o grupo “O monte dos libros” do CluBiblioneme) disfrutou dun percorrido excepcional, no que participaron activamente os profesores Jorge Velasco, organizando o percorrido, e Diego Carril, actuando como o mellor Cicerone local.
Ademais, contamos coa colaboración do Concello de Camariñas. Bernardino Martínez Castiñeira, guía turístico deste concello, informounos dos naufraxios ocorridos na zona, relatounos a historia do Cimiterio dos Ingleses e as peculiaridades da construcción do faro do Cabo Vilán. Así mesmo, coñecemos múltiples anécdotas, recuperamos lendas e descubrimos a fermosa realidade que hai nestas paraxes.
Rematada a nosa ruta, viñeron a saudarnos a Alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua Rial, e a Concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro Pouso.
Dende Biblioneme queremos mostrar o noso agradecemento a tod@s @s que fixeron posible esta experiencia:
Jorge Velasco, Diego Carril, Javier Fraga Pose, representantes do Concello de Camariñas e alumnado do IES Monte Neme.
Moitas grazas.


Ningún comentario: