Todos os días son 8 de marzo
En 1803 a embarcación “María Pita” partiu do porto de A Coruña con 21 nenos e varios médicos e enfermeir@s, rumbo a unha viaxe que cambiaría o mundo para sempre. A “Real Expedición Filantrópica de la Vacuna” pretendía levar o antídoto do virus da varíola a diferentes lugares de América e Asia. Destacou a única muller da expedición, a enfermeira Isabel Zendal, cuxo papel foi clave para o éxito da misión, pero cuxa figura non recibiu o recoñecemento que se merece.
Consideramos importante rescatar o papel que desempeñou nesta xesta e facer que a súa proeza non quede no olvido. Por todo isto, Biblioneme adica esta data a Isabel Zendal, loitadora, exemplo de altruismo e incansable no seu labor.
Unha exposición, no corredor central do centro, lembra os feitos máis importantes da súa biografía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario