Hipatia, unha pensadora libre ante a intolerancia
O alumnado de 2º
ESO, que cursa a Materia de Investigación e Tratamento da Información, e 1º FPB
EE visionou a película Ágora, de Alejandro Amenabar, co obxectivo de
concienciar do importante papel desenvolvido polas mulleres na ciencia.
A figura de Hipatia, protagonista deste filme, centrou o debate posterior. O alumnado destacou o seu labor como mestra e emprendedora no estudo das Matemáticas e da Astronomía, nunha época na que ás mulleres se lles negaba o acceso ao coñecemento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario