O xoves, 26 de setembro, o Fiot trasladouse a Biblioneme, que acolliu a representación "Por unha peseta" a cargo da compañía A patacón. Verónica e Faia, as súas integrantes, regaláronnos unha peza chea de humor, tenrura e amizade. Historias da vida a través das que recuperan a tradición oral, a música e as cancións tradicionais.
Esta actuación enmárcase no fioteen, o programa especial do Fiot para adolescentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario