Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

18/06/19


"Cada nueva carta insinuaba por un rato (porque después él las borraba en el acto mismo de contestarlas cariñosamente) que su libertad duramente conquistada, esa nueva vida recortada con feroces golpes de tijera en la madeja de lana que los demás había llamado su vida, cesaba de justificarse, perdía pie, se borraba como el fondo de las calles mientras el autobús corría por la rue de Richelieu."
Cortázar, J.- Las armas secretas, ""Cartas a mamá"


Esta obra de Julio Cortázar foi o punto de partida da  última xuntanza deste grupo. A forma de entender  a vida entre o real e o irreal foi o que os membros do grupo consideraron máis relevante.

A nosa proposta lectora para o verán será diversa. Diferentes lecturas constituirán unha “posta en común” para a primeira xuntanza do vindeiro curso.

O Equipo de Biblioneme quere agradecer aos membros deste grupo a súa especial adicación e cariño. Partimos da premisa de que a través da “lectura en común” aprendemos, compartimos, discrepamos e vivimos experiencias moi emotivas. En definitiva, formámonos como lector@s crític@s.

Gracias Ana, Carmen, Celeste, Chelo, Cristina, Gema, Laura, Marga, Mercedes, Sonia,..e a tod@s aquel@s que compartides “in absentia”  as nosas experiencias lectoras.







Ningún comentario: