O luns, 29 de
abril, o alumnado de 2º ESO e do Club de Lectura participou na actividade
“Roteiro literario pondaliano” que organiza a Concellería de Turismo de
Ponteceso.
Da man dun excelente “Cicerone”,
Javier, Dinamizador turístico deste concello, visitamos o Edificio
Consistorial, a Praza do Recheo, a casa natal de Eduardo Pondal, onde lemos o
seu poema “Eu nacín “.
Continuamos o noso percorrido
camiñando polo Paseo do Malecón e o Esteiro do Anllóns.
Ademais visitamos a Fundación
Eduardo Pondal. Alí @s alumn@s Daniel
Chouciño, Martín Varela, Jonathan Amado, Sara Puñal, Brian Naya, Víctor Puñal,
Brais Docampo e Luz González declamaron poemas deste autor.
A subida ao Miradeiro do Monte
Branco foi a nosa seguinte parada. Rematamos o noso percorrido na
Torre do Monte Faro.
Agradecemos ao Concello de
Ponteceso, á Oficina de Turismo Municipal e ao seu dinamizador Javier a súa
adicación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario