O alumnado de 2º ESO do IES Monte Neme conmemorou, na Biblioteca Municipal Rego da Balsa, o Día de Rosalía.
A traxectoria vital de Rosalia de Castro foi enmarcada a través da lectura de poemas que reflicten as súas inquedanzas.
O acto rematou coa lectura dos textos gañadores do concurso de poemas adicados a
Rosalía de Castro "Rosalian@s", convocado por Biblioneme e destinado ao alumnado do noso centro:
"(N)o nome de Rosalía" de Jesús Manuel Rey Gómez (2º ESO B)
"Rosalía de Castro" de Fabián Cotelo Villar (3º ESO A)
Moitas grazas a todo o Equipo da Biblioteca Rego da Balsa.
Nova na prensa: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2019/02/22/dia-rosalia-enche-poesia-costa-da-morte/0003_201902C22C9996.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario