Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

18/01/19

3ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”


“Eu penso que os números primos son como a vida.Son completamente lóxicos pero non hai quen lles atope as regras, nin aínda que un pasase todo o seu tempo pensando neles.”

                                               O curioso incidente do can á medianoite



A lectura de O curioso incidente do can á medianoite, de Mark Haddon, forma parte das “lecturas inclusivas” que realizarán os grupos de CluBiblioneme. Narrada polo Protagonista, un rapaz con síndrome de Asperger, o lector comparte a súa visión da realidade e empatiza con el.
“As diferenzas non deben facernos invisibles”

Reunirémonos o próximo 18 de febreiro para comentar La Tribuna de Emilia Pardo Bazán.


Boa lectura!

Ningún comentario: