Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

21/12/18

2ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

“Queridos: ningún poderá xa marcarnos porque acabamos de descubrir que somos paxariños, terríbel e completamente independentes.”
                                               Unha primavera para Aldara

Adicar a nosa segunda xuntanza do curso ao teatro é sempre unha recompensa, acrecentada pola obra que lemos, Unha primavera para Aldara, de Teresa Moure.



Aínda que a obra foi analizada desde diferentes perspectivas, o papel da muller na época na que se desenvolve a trama deu lugar a un animado debate.
Esta lectura contribuiu a que moitos dos membros do club escolleran outras obras desta autora para ampliar a súa visión do seu universo literario.

A vindeira reunión será o 14 de xaneiro coa lectura O curioso incidente do can á medianoite, de Mark Haddon.



Ningún comentario: