O venres, 16 de novembro, o alumnado de 2º ESO, que cursa a materia de Investigación e Tratamento da Información, visitou a Biblioteca de Carballo "Rego da Balsa".
A nosa Cicerone foi Cristina, que nos amosou as instalacións e as posibilidades que ofrece esta biblioteca:
- Fondos impresos e dixitais
- Hemeroteca, fonoteca e videoteca
- Ordenadores
- Zona de estudo.
- Exposicións, . . .
Finalmente, o alumnado realizou xogos de busca de información en sentido crítico, complementando o material impreso e dixital, na liña do proxecto que estamos desenvolvendo en Biblioneme.
Unha vez máis, moitas grazas a todo o Equipo da Biblioteca Rego da Balsa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario