Do mesmo xeito que nos últimos anos, o club de lectura “O
monte dos libros” adicará unhas sesións a preparar unha obra de teatro que se
representará no Festival de Nadal. Todos os anos a nosa representación xera
unha grande expectación entre as/os nosas/os compañeiras/os. Por iso, este ano
esforzarémonos para facelo o mellor posible;)
Ademais, durante o mes de outubro, prepararémonos para
celebrar o Samaín con LECTURAS TERRORÍFICAS. En concreto, leeremos Cadavercita
Roja do autor Luís Murillo e observaremos os debuxos realizados por Emiliano
López Neste álbum ilustrado. Con moito humor e fantasía, este conto reinventa o
clásico de Perrault para ofrecernos unha versión tan escura e macabra como irresistiblemente
divertida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario