Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

22/06/18

Xuño

Durante este mes o alumnado do club de lectura remata a lectura das obras iniciadas en maio. Ademais durante a última sesión facemos unha posta en común acerca das actividades do club de lectura que máis nos gustaron e tamén as que menos nos gustaron. 
O club de lectura despídese ata o curso que vén e recordamos a guía de lecutra para verán elaborada pola nosa biblioteca. Aquí vos deixamos o enlace:

https://animacionlectura.blogspot.com/2018/06/guia-de-lectura-veran-2018.html


Felices vacacións e boa lectura!

Ningún comentario: