O pasado 7 de maio, a xuntanza do grupo “Merlín e familia” tivo como protagonista a obra de Álvaro Cunqueiro, Os outros feirantes. Obra de referencia na literatura galega, a súa lectura foi moi celebrada polos membros deste grupo.
Os retratos ofrecidos, nos que se mistura realidade e ficción na idiosincrasia galega, fixeron que disfrutásemos dunha tarde moi especial.
Coa vindeira lectura, El invierno en Lisboa, retomaremos o contacto coa novela negra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario